domingo, 2 de diciembre de 2012

BICOS DE MÚSICA

"BICOS DE MÚSICA" é o novo traballo de "MAMÁ CABRA" e coma sempre fantástico.

Nesta ocasión ademais de ter un libro cunhas preciosas ilustracións, temos o CD coas letras e os karaokes e un DVD no que podemos ver a posta en escea de todas as cancións.

A verdade é que estes artistas están pero que moi simpáticos!!!












MARÍA FUMAÇA

Neste libro unha teteira vermella semella a unha locomotora que nos conduce por diferentes cancións interpretadas por artistas galegos.

Ademáis este traballo ten unha importante función integradora xa que xira en torno a Ruí, un neno con parálise cerebral severa para o que a música é unha boa terapia.

clicade na portada do libro se queredes ter máis información