domingo, 2 de diciembre de 2012

BICOS DE MÚSICA

"BICOS DE MÚSICA" é o novo traballo de "MAMÁ CABRA" e coma sempre fantástico.

Nesta ocasión ademais de ter un libro cunhas preciosas ilustracións, temos o CD coas letras e os karaokes e un DVD no que podemos ver a posta en escea de todas as cancións.

A verdade é que estes artistas están pero que moi simpáticos!!!












MARÍA FUMAÇA

Neste libro unha teteira vermella semella a unha locomotora que nos conduce por diferentes cancións interpretadas por artistas galegos.

Ademáis este traballo ten unha importante función integradora xa que xira en torno a Ruí, un neno con parálise cerebral severa para o que a música é unha boa terapia.

clicade na portada do libro se queredes ter máis información






martes, 7 de febrero de 2012

domingo, 27 de noviembre de 2011

XA ME TARDAN ESTES MAGOS!!!

Novo libro-disco de Mamá Cabra. Neste traballo participaron importantes poetas galegos, como son Antón Cortizas, Gloria Sanchez, Antonio García Teijeiro e a propia Gloria Roel, vocalista do grupo e que se animou a componer letras.

AS CANCIÓNS ESTÁN CHEAS DE MARCHA!!!







jueves, 13 de octubre de 2011

PROXECTO SOBRE THE BEATLES


ME LLAMO...Jonh Lennon

Neste libro John Lennon fai un percorrido sobre a historia do seu grupo.

É moi interesante e ten unhas ilustracións preciosas.








EL FABULOSO MUNDO DEL ROCK

Este libro danos unha visión rápida do mundo do rock.
Destacar as caricaturas dos músicos.








BEATLES. MEMORABILIA. LA COLECCIÓN DE JULIAN LENNON

Libro escrito polo fillo de John Lennon. Nel amósanos os recordos que ten de seu pai.









martes, 22 de marzo de 2011

"PEQUENA HISTORIA DA MÚSICA"

¿Sabías que o himno da Champions League é de Haendel?, ¿e que Beethoven, estando xordo, compuxo as súas mellores obras?

Todo isto o conta Fernando Argenta nestas páxinas cargadas de anécdotas divertidas, de seriedade tamén e dun inmenso amor pola música.






miércoles, 16 de marzo de 2011

CELTIC ROOTS

Temas de música tradicional galega, inglesa e irlandesa, interpretada por alumnos de Galicia, Inglaterra e Irlanda.


Celtic Roots - The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo.




OS SOÑOS NA GAIOLA

Os poemas de Manuel María cantados por Suso Vaamonde.

Unha nova edición deste disco, que é un clásico para a música galega.






domingo, 13 de marzo de 2011

OLA, OLA, LA!

MAMÁ CABRA ofrécenos o seu novo traballo: un libro-disco para dar voltas polo corpo...